martes, 24 de noviembre de 2009

"En clave de do", no es un lugar para visitar, no es un sitio al que me gustaría pertenecer; pere sí es un sitio donde me gustaría dejar constancia de lo que pasa. "En clave de do" es una exposición (en Ourense), que tiene algo que decir contra el maltrato de género. Se presenta con un poema de Xosé Carlos Caneiro, y yo, aporto una de sus fotos.


Poema Xosé Carlos Caneiro:

"A estas verbas fáltanlle os ollos. Quero que sexan verdes, azuis, cor de outono, encarnados de lúa e novembro. A estas verbas fáltanlle un bico que entregar, unha nube por recoller nun cazo de auga limpa (de chuvia), unha copa que brindar entre vítores de non nos moverán. A estas verbas fáltanlle a alegría de mil mulleres, cen mil, golpeadas polo puño covarde dun chulo de baixa estofa, machista e canalla. No meu nome e en nome da inmensa maioría, corazón, escribo estas verbas. Para ti, especialmente. Porque tes a alma destrozada con mil palabras que son feridas, balas, dinamita. Porque querías conquistar o mundo e conquistaches, só, unha habitación sen vistas ao mar, un esposo que te esposa, un espertador que anuncia tristeza para ama de casa. Porque ganar é un verbo posible. Porque detrás dos disparos na boca han de chegar os abrazos na alma. Porque gústame dicir mamá, nena, señora (feminino singular). Escribo, para ti, estas verbas sen ollos que poidan mirarte, acariciarte, sentir as túas mans sobre as miñas. Vintecinco de novembro, día en contra da violencia machorra e covarde. E lembro o verso de Garcilaso de la Vega: «No pierda más quien tanto ha perdido». Mil mulleres maltratadas. Mil flores. Mil. Para ti.”



No hay comentarios:

Publicar un comentario